Referencias
O Castro de Viladonga, tamén situado no concello de Castro de Rei, é un dos referentes arqueolóxicos máis relevantes e mellor conservados da cultura castrexa, que no ano 2009 foi declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia. Os traballos arqueolóxicos comezaron en 1971 e en 1983 constituiuse o museo monográfico.
Ocupa unha superficie aproximada de 4 hectáreas dentro das murallas, das cales 10.000 metros cadrados
corresponden á croa (parte máis alta do castro) de forma cuadrangular irregular con ángulos redondeados. O muro principal é de cachotería de xisto, cunha altura de 12 a 14 metros de cara ao foxo. Predominan os materiais da época romana avanzada ou tardorromana.
Os primeiros traballos arqueolóxicos no Castro de Viladonga realizáronse a principios dos anos 70 por iniciativa de Ramón Falcón Rodríguez, natural do concello de Castro de Rei e alto cargo da Dirección Xeral de Belas Artes do Goberno de España, case ao mesmo tempo que a iniciativa na capital da provincia de proceder á limpeza e demolición dos edificios exteriores levantados xunto á
muralla de Lugo. A partir dos anos 80, o arqueólogo Felipe Arias Vilas fíxose cargo das escavacións e do museo.
O sitio web ofrece unha ampla información histórica, fotográfica, virtual e os horarios dispoñibles para visitas presenciais.
É a comarca máis extensa de Galicia (1.822,75 quilómetros cadrados) e á que pertencen 9 concellos do norte e interior
da provincia de Lugo: Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, Pastoriza, Vilalba e Xermade.
Xeográfica e paisaxísticamente, esta comarca caracterízase por unha plataforma grande de chairas e montes -algúns dos cales foron castros- na que se cruzan ríos e regatos que verten as súas augas no Miño, que nace no lindeiro concello de Meira, que enlaza a Terra Cha coas serras orientais nas que brotan os mananciais do curso fluvial que atravesa Galicia. Esta rede fluvial tamén une varios humidais e lagoas como a de Cospeito e Caque, que sustentan a biodiversidade e a fauna da zona.
Esta singular comarca galega de chaira ou Chaira limita coas serras da Cova da Serpe e da Loba, nos límites da provincia da Coruña, mentres que polo norte érguense as serras de Carba, Xistral e Toxiza, que separan a Terra Cha de as Mariñas e o Cantábrico. Polo leste péchase o arco de Cordal de
Neda e as estribacións da serra de Meira.
A diferenza daquelas montañas que a rodean e que se elevan entre os 700 e os 1000 metros sobre o nivel do mar, a altitude media da comarca da Terra Cha supera os 400/450 metros. O clima é subcontinental, con abundantes precipitacións e unha temperatura media baixa de 8 ºC e xeadas frecuentes, niveis de frío moi convenientes para as maceiras.
Actualmente nesta comarca existen dúas plantacións reguladas de mazá de sidra. Aínda que a crecente produción agrícola e gandeira da comarca nas últimas décadas, cun forte impulso de transformación e industrialización, está orientada á produción láctea, vacún e mesmo ovino.
.jpg)
A capital da provincia, Lugo, está a uns 21
quilómetros de Ribeiras de Lea e a 20 minutos en coche, con boas conexións por estrada, enlazando por Rozas coa N-640 ou por Outeiro de Rei coa Autovía do Noroeste. A súa orixe e muralla, conservada na súa totalidade e declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000, son o sinal máis característico e simbólico da súa fundación e nomeamento, como asentamento dun campamento militar instalado por Paulo
Fabio Máximo, legado do emperador Octavio Augusto, entre os 15 e 25 a. C. É a cidade máis antiga de Galicia.
A finais do século III d. C. iníciase a construción dunha muralla defensiva, rodeada por un foxo, para protexerse dos levantamentos contra os dominios romanos establecidos. É a única muralla romana do mundo que conserva todo o seu perímetro, aproximadamente 2.140 metros, que se pode explorar pola pasarela e con varias escaleiras de acceso de pedra. Orixinalmente tiña 85 torres, 2 pisos de altura e fiestras en forma de arco de medio punto. A torre da Mosqueira é a única que conserva dúas das fiestras do primeiro dos dous pisos da muralla.
A muralla protexe e destaca o casco histórico e o trazado de Lucus Augusti correspondía ao
trazadohabitual das cidades romanas. As escavacións arqueolóxicas das últimas décadas atoparon preto da Praza Maior un monolito granítico fundacional ben conservado, duns 3 metros de altura, que contén a inscrición referida a Augusto como fundador da cidade e a Paulo Fabio Máximo, legado do César.
A cidade conserva restos das termas romanas e da ponte sobre o río Miño que comunicaba o antigo trazado do itinerario de Antonino de Lucus Augusti con Bracara Augusta e Asturica Agusta, actualmente tamén parte do Camiño Primitivo a Santiago de Compostela.
No lugar onde conflúen os 3 bens de Lugo Patrimonio da Humanidade -a muralla romana, a Catedral de Santa María e o Camiño Primitivo a Santiago de Compostela- a Domus do Mitreo é un museo, xusto a carón da Porta de Santiago, unha das 5 portas de orixe romana da muralla, e que foi a casa de Gaius Victorius Victorinus, centurión romano da sétima lexión Atoniana.
Máis aló da forte pegada simbólica romana, esta cidade desenvolveuse historicamente e reconfigurouse como centro administrativo e comercial da provincia, converténdose na súa capital. O seu museo provincial, a arquitectura urbana, o campus universitario, as infraestruturas, as sociedades e os servizos administrativos ou sanitarios dan fe desta consolidación.
Das tres grandes rutas xacobeas que atravesan a provincia de Lugo, unha delas, o Camiño de
Santiago do Norte, entra na comarca da Terra Cha desde as Mariñas Cantábricas por Abadín e continúa por Vilalba, Begonte e Guitiriz. O camiño do norte entra por Abadín e atraviesa esta comarca chairega.
O Camiño do Norte, que accede á provincia de Lugo por Ribadeo, e o Camiño Primitivo que entra pola Fonsagrada son as rutas xacobeas máis antigas e tradicionais, aínda que a partir do século XVI cobra importancia, pola influencia do reino de León, o Camiño Francés que chega por Pedrafita do Cebreiro, actualmente a peregrinación máis coñecida, máis transitada e máis internacional.
O Camiño do Norte e o Camiño Primitivo foron recoñecidos pola UNESCO en 2015 como Patrimonio da Humanidade. O Camiño do Norte, que accede á provincia de Lugo por Ribadeo, entra na comarca da Terra Cha
por Abadín e continúa polos concellos de Vilalba, Begonte e Guitiriz para chegar a Santiago antes de cruzar Friol, Sobrado, Arzúa, Vilasantar,
Boimorto e O Pino. O Camiño Primitivo entra na provincia por Fonsagrada, Baleira e Lugo para continuar por Guntín, Friol, Palas de Rei, Toques, Melide, Arzúa, O Pino e Santiago.

Ribeiras de Lea é unha das parroquias do municipio lucense de Castro de Rei, limítrofe co de Outeiro de Rei e que está integrada por varios lugares ou entidades de poboación. Un deles é O Chairo, próximo ao lugar no que se sitúa a igrexa parroquial do Doce Nome de María da Ribeira. No lugar chamado O Chairo está a Casa de Andrés e as parcelas que forman a denominada Chousa de Andrés, na que medra a pomarada.

Nos que no seu día eran montes da parroquia da Ribeira sitúase o Parque Empresarial de Ribeiras de Lea, sobre unha superficie de preto de 300.000 metros cadrados, cuxa primeira fase foi inaugurada en 1995. A Casa de Andrés está a medio quilómetro do parque empresarial, nas proximidades da estrada LU-P-1706 de Ribeiras de Lea a San Xulián de Mos. Este núcleo empresarial asentou unha importante industrialización láctea, así como de recollida e exportación de froitos vermellos (amorodos, arandos e amoras), construción, servizos e comercialización. Este parque empresarial de Ribeiras de Lea ten excelentes conexións coa Autovía do Noroeste A-6 a uns 30 quilómetros e coa carreira nacional N-640, moi preto do aeródromo de Rozas, dentro do propio municipio de Castro de Rei.
Castro de Ribeiras de Lea é un lugar situado entre as parroquias de Ribeiras de Lea e Duarría, no concello de Castro de Rei, que se formou como asentamento urbano e comercial nos dous últimos séculos, arredor dunha pequena ermida cristiá, unha carballeira na que se concentrou a celebración de dúas feiras mensuais, a posterior localización dunha granxa e un hospital psiquiátrico patrocinados pola Deputación Provincial de Lugo, así como a chegada á zona a mediados dos anos 50 do Plan Nacional de Colonización de España, e na que se puxo en marcha o Plan Nacional de Colonización de España, que despexou e converteu os montes do concello en prados para a produción de leite. A historia fotográfica e documental está estupendamente recollida na mediateca dixital do proxecto “Castronamemoria.gal”, coordinado polo profesor Ricardo Lamela e a asociación Gaia Lea, co patrocinio da Deputación de Lugo. Recolle máis de 1.700 fotografías e 200 documentos, procedentes de fontes de arquivo documental e achegas fotográficas colectivas dos veciños de Castro de Ribeiras de Lea. Pódese consultar e colaborar coas achegas voluntarias a través do acceso por internet. Os primeiros datos históricos da feira do día 8 en Castro de Ribeiras de Lea son de 1736 e de 1878 a feira de fin de mes, que se celebraba en Duancos, no mesmo concello, trasladouse a Castro. E no ano 1946 o Concello de Castro de Rei asumiu como propiedade municipal o recinto onde se celebraban as feiras, mellorouse a plantación de carballos no lugar, constrúense mostradores para os postos dos vendedores e consolidouse a conformación da organización arredor da singular carballeira existente.
Ribeiras de Lea é unha das 25 parroquias do municipio de Castro de Rei, nunha media de altura de 450/500 metros sobre o nivel do mar, na parte central da provincia de Lugo, na comarca de Terra Cha, característica pola súa extensa chaira de terras baixas, verdes e húmidas, cruzadas polo río Miño, que nace nas entrañas da serra do limítrofe municipio de Meira.
Castro de Rei é conxunto histórico artístico recoñecido como tal en 1971 -en cuxo lugar se localiza a Casa do Concello- onde se conservan restos de murallas e dun castelo do século XVI, rescoldos de historia do que outrora foi castro primeiro e logo fortaleza con torre de vixilancia despois.
A topografía do municipio conserva explícitas
referencias de castros, mámoas, lagoas, baloiras, promontorios e doutras pasaxes que se remontan a civilizacións prerromanas, romanas, medievais e mesmo do paso dalgunhas partidas despregadas das tropas francesas de Napoleón na súa incursión cara ao interior de Galicia.
A historiografía e tradición popular sitúan ao redor deste municipio o asentamento dos valuros, unha saga de poboadores precristianos de simboloxía taumatúrxica, e tamén o Monte Medulio -reivindicado así mesmo noutras partes de Galicia, Cantabria e Asturias- como lugar de mítica resistencia indíxena das guerras cántabras contra a invasión dos romanos. Polas terras deste municipio atravesou a conexión da vía romana de Lucus Augusti á costa cántabra e a pegada da arquitectura civil deixou tamén escudos, brasóns e construcións singulares de pazos, torres e igrexas de edificación no últimos catro séculos.
A páxina web do Concello de Castro de Rei recolle a memoria desas referencias históricas e patrimoniais, así como das posibilidades de visitas e roteiros turísticos aos lugares máis singulares. Destaca pola súa relevancia o Castro de Viladonga, escavado e con museo desde 1983, pero tamén outros restos arqueolóxicos e históricos do municipio. E noutros aspectos cabe mencionar as feiras de Castro de Ribeiras de Lea, convertidas posteriormente en mercado comarcal gandeiro semanal, e o aeródromo aeroclub de Rozas.
No termo municipal de Castro de Rei sitúase tamén o aeródromo de Rozas, inaugurado en 1943 e actualmente destinado á aviación deportiva como aeroclub e o Centro de Investigación Aeroportada (CIAR), iniciativa conxunta a partir de 2018 do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) e da Xunta de Galicia, como campo de probas e ensaios de drons ou aeronaves non tripuladas.
Este aeródromo de Rozas foi construído polos alemáns durante a II Guerra Mundial como base alternativa secundaria, en coordinación coas grandes antenas radiofaro Consol das Torres de Arneiro, e de control do tráfico aéreo do noroeste de Europa. En 1949 o aeródromo de Rozas foi aeroporto central de Galicia, ata que se construíu o aeroporto de Santiago de Compostela. A partir da década de 1950 o aeródromo deixou de ter interese estratéxico militar e comezou o seu desmantelamento por parte do Exército do Aire.
© copyright 2023 Casa De Andres