Con Agradecemento:





Francisco Otero é técnico da Consellería de Medio Rural dende 1987, especializado na promoción da froicultura. Francisco Otero impulsou os ensaios con variedades asturianas que se realizaron entre os anos 1996 e 2002, cuxos resultados serviron de base para as plantacións que dende entón se realizaron en Galicia, entre elas esta pomarada.

Servicios Agricolas Carlea Sl é unha empresa de Castro De Rei que realiza actividades de Agricultura, Gandería, Silvicultura, Caza, Pesca e Servizos Afíns en moitas explotacións da provincia, entre elas esta pomarada.

Ribeiras de Lea é unha das parroquias do concello lugués de Castro de Rei, limítrofe con Outeiro de Rei e que está formada por varios lugares ou entidades de poboación. Un deles é O Chairo, próximo ao lugar onde se atopa a igrexa parroquial de Dulce Nombre de María de A Ribeira. No lugar do Chairo está a Casa de Andrés e as parcelas que forman a chamada Chousa de Andrés, nas que medra a pomarada. A asociación de veciños desenvolve distintas actividades sociais como o apoio á organización das festas patronais de San Xoán, no mes de xuño, e a celebración da I Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, que tivo lugar o 30 de setembro de 2023 e que se repite cada ano. Conta cun dinámico e activo equipo directivo que canaliza y organiza tamén outras actividades de apoio á actividade social da parroquia. https://www.facebook.com/profile.php?id=100083020702685&sk=about
Llagar situado en Quintueles (Villaviciosa), no corazón da Rexión Sidreira de Asturias, construída a partir da experiencia de tres xeracións da familia Castañón.
Produtor de: Sidra Natural Castañón, DOP Val de Boides, Frizzante Xiz, Vemut Roxmut Aperitivo e Sidra de Xeo e gañador de múltiples premios nacionais e internacionais
Gran parte da produción desta pomarada destínase á elaboración de Sidra Natural Castañón.
A Asociación da que tamén forma parte esta explotación da Casa de Andrés, ten como fins:
© copyright 2023 Casa De Andres